Raxó tratará de implicar a toda a parroquia nas Festas da Saleta
Por Oskar Viéitez
A comisión de festas do Raxó CF xa está inmersa na organización das Festas da Saleta que se celebrarán do 21 ao 23 de setembro e coas que esperan "dinamizar a vida e a economía da nosa parroquia".
O venres 21 actuarán dous conxuntos con raíces en Poio, "Ritmo Joven" e "Marbella", e o sábado 22 as coñecidas orquestras "La Ola DM" e "Panorama", que volve a Raxó despois do cheo absoluto cultivado en outubro de 2017.
O domingo 23, aínda que non haberá verbena nocturna, os organizadores xa anunciaron actividades para todos os públicos e prometen "importantes sorpresas que non deixarán indiferente a ninguén", e que teñen que ver, nalgún caso, coa recuperación de tradicións centenarias que levan case un século sen celebrarse, polo que, recoñecen, "esperamos poder facer algo realmente histórico para Raxó".
Para financiar este programa, o Club poñerá á venda camisetas serigrafiadas con imaxes e símbolos da parroquia, farán sorteos directos e venderán décimos de lotería de Nadal.
Relacionadas:
-
As festas da Saleta encheron Raxó con máis de 18.000 persoas esta fin de semana
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio, preparada para as festas de Raxó
Por Redacción |
-
Todo listo en Raxó para as festas da Saleta
Por Oskar Viéitez |
-
O Raxó CF recupera a procesión marítima da Saleta
Por Redacción |
-
Raxó recupera as súas raíces e retoma a festa de San Gregorio
Por Redacción |