Todo listo en Raxó para as festas da Saleta
Por Oskar Viéitez
"No os olvidéis que somos un equipo de fútbol". Máis que unha mensaxe dirixida aos veciños de Raxó, a frase parece un recordatorio a todos os que conforman a directiva do Raxó CF que se converteu nunha exitosa comisión de festas.
Este martes presentaron a programación das festas na honra á Virxe da Saleta que comezarán este venres 21 de setembro cunha verbena cargo de dúas orquestras de Poio, Ritmo Joven e Marbella.
A xornada do sábado arrancará con alboradas. Pola tarde celebrarase a misa solemne á que seguirá a procesión marítima. Unha tradición que se recupera e para a que fan un chamamento a todos os veciños para que participen coas súas embarcacións.
O sábado haberá tamén animación musical a cargo dunha charanga e a media noite terá lugar unha tirada de fogos de lucería. A verbena corre a cargo dunha das grandes: a Panorama.
Para a tarde do domingo está prevista unha competición de traiñeiras a partir das 18.00 horas.
A comisión de festas conseguiu elaborar este programa con moito traballo e o apoio de varias empresas así como dos veciños, por cuxas casas pasaron para pedir a súa colaboración. "La gente se ha volcado con nosotros", dixeron agradecidos.
Ademais vendéronse rifas, camisetas e participacións da Lotería de Nadal.
Relacionadas:
-
A festa de San Gregorio de Raxó incluirá verbena e festa infantil
Por Redacción |
-
As festas da Saleta encheron Raxó con máis de 18.000 persoas esta fin de semana
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio, preparada para as festas de Raxó
Por Redacción |
-
O Raxó CF recupera a procesión marítima da Saleta
Por Redacción |
-
Raxó tratará de implicar a toda a parroquia nas Festas da Saleta
Por Oskar Viéitez |
-
Raxó recupera as súas raíces e retoma a festa de San Gregorio
Por Redacción |