A Deputación desmárcase da taxa de 60 euros que cobra Facenda pola revisión catastral
Por Oskar Viéitez
O deputado Carlos López Font, responsable da área de Economía, Facenda e Réxime Interior na Deputación de Pontevedra, compareceu este luns en rolda de prensa para aclarar o "juego perverso" que, ao seu xuízo, está a facer o Partido Popular ao dar a entender "con una clara tendenciosidad política" que é responsabilidade do ORAL a imposición dunha taxa de 60 euros pola regularización catastral "decidida por el Gobierno del Estado"
Para López Font é un "absoluto escándalo" que se lle responsabilice ao ORAL cando este organismo "únicamente hace el papel de recaudador", é dicir, "actúa exclusivamente como intermediario" daqueles concellos que teñen voluntariamente delegada a súa xestión neste servizo da Deputación.
A taxa catastral de 60 euros cóbraa e ingrésaa o Ministerio de Facenda polos gastos de xestión como as fotografías aéreas, a inspección sobre o terreo e outros conceptos.
O deputado López Font acusou a algúns alcaldes do Partido Popular de "seguir alentando esa confusión de que parece que es algo que cobra la Deputación en su propio beneficio".
Segundo o deputado de Economía, a aplicación desta taxa"ha supuesto muchísima confusión y muchísima inquietud" segundo se pode comprobar nas reclamacións presentadas, o que levou ao Partido Socialista, lembrou, a pedir a supresión da taxa de 60 euros que se está aplicando a cada inmoble regularizado.
Tamén o goberno provincial pide a eliminación desta taxa "porque creemos que es esquilmar a los ciudadanos", engadiu.
"Es una tasa que viene absolutamente impuesta y en la medida que nos corresponde gestionar ese impuesto, en aquellos concellos que así lo han delegado, estamos obligados a hacerlo", insistiu López Font.
O ORAL é o Organismo Autónomo de Xestión de Recursos para a Administración local e ten como finalidade informar e asistir ao contribuínte, así como xestionar, liquidar, inspeccionar e recadar os tributos e demais ingresos públicos dos concellos e doutras entidades públicas que o deleguen.
Relacionadas:
-
O goberno de Poio acusa a Ángel Moldes de promover unha campaña de "desinformación deliberada" co IBI
Por Oskar Viéitez |
-
A revisión do catastro supuxo para o Pontevedra 2.800.000 euros de ingresos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio acusa o PP de "alarmar e desinformar os veciños" sobre a regularización catastral
Por Oskar Viéitez |