A revisión do catastro supuxo para o Pontevedra 2.800.000 euros de ingresos
Por Oskar Viéitez
Este luns terminaba o prazo para a presentación de ofertas para o contrato de actualización das bases catastrais.
Trátase do convenio que ten asinado o Concello de Pontevedra co Catastro polo que o concello lle remite unhas fichas de altas, modificacións ou reformas de vivendas para que sexan validadas e se incorporen ao seguinte padrón.
Un total de cinco empresas presentáronse a este concurso público para facerse cun contrato de 190.000 euros por catro anos, son: Información del territorio SL, Códice cartografía y diseño, Lagares, Laya Gestión y Servicios SL e Eibisa Norte SL.
Segundo valorou o concelleiro de Facenda, Raimundo González, "este contrato tivo uns efectos positivos para o concello, tanto a nivel de altas, como a nivel de equidade fiscal".
En concreto, no período comprendido entre o ano 2012 e o pasado ano 2017, este proceso de revisión permitiu sacar á luz a aqueles contribuíntes que non estaban a pagar as taxas que lles correspondían no Imposto de Bens Inmobles ou que mantiñan as súas propiedades fóra do padrón: 1.490 inmobles eran ampliacións ou reformas non declaradas e outros 1.849 non estaban dados de alta.
En total foron 3.339 inmobles, o que supuxo aproximadamente 2.800.000 euros de ingresos por parte do Concello de Pontevedra, incluídos a liquidación dos atrasos (que como máximo son 5 anos).
A consolidación do padrón do municipio puido significar 1.200.000 euros "que é un crecemento importante" desde que se empezaron con este tipo de traballos no ano 2012.
O conxunto da consolidación do padrón de Pontevedra desde que se iniciou este proceso no ano 2012 é dun 8%, aproximadamente.
Relacionadas:
-
O Concello axudará os cidadáns a alegar contra o "catastrazo" dos galpóns
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra empeza a actualizar a súa cartografía: terá mapas en 3D e imaxes en 360º
Por Redacción |
-
A Deputación desmárcase da taxa de 60 euros que cobra Facenda pola revisión catastral
Por Oskar Viéitez |
-
O Catastro revisará de oficio todo o parque inmobiliario de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |