A loita contra a praga de picudo vermello nas palmeiras, a estudo en Pontevedra
Por Redacción
O edificio administrativo da Xunta en Pontevedra acollerá o próximo día 28 de setembro a II Xornada técnica sobre o picudo vermello das palmeiras, organizada pola Consellería do Medio Rural co cofinanciamento do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Neste foro avaliarase a situación actual desta praga en Galicia, darase a coñecer a experiencia do plan de continxencia fronte a este insecto en Baleares e presentaranse diferentes sistemas e produtos de casas comerciais para facerlle fronte.
Técnicos especializados de Medio Rural faranse cargo das charlas, que contarán ademais con expertos procedentes de Elxe (Alacante) e as Illas Baleares. Tamén participarán especialistas do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán.
Desde que se detectase por primeira vez en Galicia no ano 2013 en Gondomar, o picudo vermello foise estendendo ao longo e ancho da provincia.
Ao estar considerada como praga, cando se detecta a súa presenza deben aplicarse medidas de erradicación e control para tentar cortar a súa dispersión.
Relacionadas:
-
"Este foi o ano da eclosión definitiva do picudo"
Por Redacción |
-
O picudo segue cobrándose vítimas en Marín
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para eliminar dúas árbores do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot |
-
A Deputación retirará esta semana unha palmeira e un chopo do Sexto Edificio do Museo
Por Redacción |
-
Marín talla seis palmeiras vítimas da praga do picudo
Por Redacción |
-
Aplican un tratamento contra o picudo vermello nun total de 80 palmeiras municipais
Por Redacción |
-
Podan seis palmeiras urbanas en Marín en mal estado
Por Redacción |
-
Sanxenxo investirá case 21.000 euros en tentar frear a praga do 'picudo vermello'
Por Redacción |