Aplican un tratamento contra o picudo vermello nun total de 80 palmeiras municipais
Por Redacción
Tras o tratamento de choque aplicado o pasado mes de marzo sobre as tres primeiras palmeiras municipais afectadas pola praga do picudo vermello, o Concello de Sanxenxo iniciou unha nova ofensiva contra este insecto.
Así, o departamento de Medio Ambiente contratou os servizos dunha empresa especializada para actuar nun total de 80 palmeiras municipais, esparexidas por todo o termo municipal, con aplicación de insecticida e fungo.
O procedemento para o tratamento das palmeiras consiste na aplicación cada 90 días dun fungo que en palmeiras de menos de 10 metros de altura deposítase cunha pértega.
O fungo infecta aos individuos que entran en contacto coa palmeira facendo funcións preventivas e curativas, mentres que o insecticida actúa de maneira contundente sobre o picudo, penetrando nos orificios perforados polas larvas.
O mantemento inclúe catro tratamentos anuais co fungo autóctono e ata dous con insecticida, en función das necesidades. Os tratamentos con fungos serán cada tres meses.
O Concello de Sanxenxo destinará a este fin unha partida de 18.876 euros.
Relacionadas:
-
Sanxenxo saca a concurso o mantemento e tratamento de 77 palmeiras contra o picudo vermello
Por Redacción |
-
O picudo segue cobrándose vítimas en Marín
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para eliminar dúas árbores do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot |
-
A Deputación retirará esta semana unha palmeira e un chopo do Sexto Edificio do Museo
Por Redacción |
-
Marín talla seis palmeiras vítimas da praga do picudo
Por Redacción |
-
A loita contra a praga de picudo vermello nas palmeiras, a estudo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanxenxo investirá case 21.000 euros en tentar frear a praga do 'picudo vermello'
Por Redacción |
-
Piden que O Areeiro inspeccione as árbores de Sanxenxo para detectar a presenza de picudo
Por Redacción |