Marín talla seis palmeiras vítimas da praga do picudo
Por Redacción
O Concello de Marín segue padecendo os efectos da praga do escaravello picudo. Os técnicos tiveron que tallar máis palmeiras vítimas da acción deste insecto.
Ao longo de toda a costa da provincia de Pontevedra, esta praga está devastando a maior parte das palmeiras.
A concellería de Medio Ambiente leva máis dun ano tratando unhas corenta palmas en distintos puntos do municipio, que se atopan en parques, xardíns e vías públicas.
Con todo, o forte impacto que causa o picudo nas árbores é moi difícil de controlar, polo que estes días foi necesario proceder á talla de varias palmas, unha en Suboficiais, unha en Marqués de Valterra, unha na avenida de Ourense, unha en Viñas Brancas e dúas en Jaime Janer.
Desde o Concello laméntase ter que tallar, "pero esta medida é necesaria para tratar de evitar o contaxio a outras palmeiras", aseguran.
Relacionadas:
-
Tallan outra palmeira afectada polo picudo na Avenida de Ourense
Por Redacción |
-
O picudo segue cobrándose vítimas en Marín
Por Redacción |
-
Marín ten máis de 150 especies de árbores diferentes no municipio
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para eliminar dúas árbores do Sexto Edificio
Por Mónica Patxot |
-
A loita contra a praga de picudo vermello nas palmeiras, a estudo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Aplican un tratamento contra o picudo vermello nun total de 80 palmeiras municipais
Por Redacción |
-
Podan seis palmeiras urbanas en Marín en mal estado
Por Redacción |
-
Sanxenxo investirá case 21.000 euros en tentar frear a praga do 'picudo vermello'
Por Redacción |