Podan seis palmeiras urbanas en Marín en mal estado
Por Redacción
Nas últimas horas, o Concello de Marín procedía a cortar seis palmeiras na contorna urbana que se atopaban en moi mal estado, segundo informan desde o municipio.
Algúns destes exemplares foran tratados recentemente. Con todo, non aguantaron a praga do picudo vermello e atopábanse secas na actualidade. Por este motivo decidiuse cortalas.
Desde o Concello sinalan que supoñían un risco para os cidadáns ante o perigo de desprendementos debido ao seu gran porte. Sinalan que en casos de temporal, estas palmeiras supoñían unha ameaza para os viandantes.