O PP asegura que o muro de Taboadelo está "en perfecto estado"
Por Redacción
O Partido Popular de Ponte Caldelas replica ao alcalde, Andrés Díaz, que o muro de Taboadelo está "en perfecto estado".
"As únicas deficiencias correspóndense ao firme co que foi acondicionado provisionalmente para a súa posta en funcionamento, á espera de poder asfaltar e arranxar todo o camiño. Estas deficiencias no firme son facilmente emendables con persoal municipal", afirmou Ricardo Castro, portavoz popular.
"Ademais é falso que se inaugurase antes das eleccións, foi acabado o 9 de xuño despois das eleccións, parece que o único que busca Andrés Díaz é crear follón onde non o hai", declarou Castro.
Segundo o PP, o que se está facendo agora en Taboadelo é a segunda fase da obra "que o anterior goberno local deixo orzada para facer canto antes e que este goberno atrasou durante mais dun ano, sen que se saiba o motivo".
Afirma Ricardo Castro que "a evidencia mais clara de que o muro non foi ningunha chapuza", é que o goberno local contratou á mesma empresa que fixo a primeira fase do muro. "A ninguén no seu san xuízo ocorreríaselle contratar a unha empresa se lle consta que son uns chafalleiros". asegura.
Finalmente o portavoz do Partido Popular engade que a "gran chapuza" que existe hoxe en día no Concello de Ponte Caldelas "é a xestión de Andrés Díaz, ano e medio de parálise, todo reducido a festas, fotos e redes sociais; e se hai algún problema é culpa de Perfecto Rodríguez, da Xunta ou dun señor de que pasaba por alí" concluíu Ricardo Castro.
Relacionadas:
-
En marcha as obras de reparación da "chapuza" do muro de Taboadelo
Por Redacción |
-
Graves danos nun muro en Taboadelo debido ás últimas choivas
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez responde ás críticas do actual alcalde sobre a "chapuza preelectoral" de Taboadelo
Por Redacción |
-
Indignación do goberno de Ponte Caldelas polos fallos dunha obra herdada de Perfecto Rodríguez
Por Redacción |
-
Finaliza o ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo
Por Redacción |
-
Melloran o acceso principal a Taboadelo
Por Redacción |
-
A estrada Taboadelo-Vela necesita un muro para evitar novos desprendementos
Por Redacción |