Indignación do goberno de Ponte Caldelas polos fallos dunha obra herdada de Perfecto Rodríguez
Por Redacción
O novo grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas comunicou, a través dun escrito, que non pagará a obra de ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo mentres a empresa non emende de forma inmediata os fallos que se detectaron no muro de contención do camiño ampliado.
O alcalde Andrés Díaz mostrouse indignado ante este problema denunciado polos veciños e manifestou que agora é este grupo de goberno o que ten que solucionar as "chapuzas electoralistas" que, segundo afirma, realizou Perfecto Rodríguez. Apunta a que o anterior alcalde estivo máis preocupado en intentar gañar as eleccións que en resolver as demandas veciñais e asegura que agora esta situación leva consigo graves consecuencias para a seguridade vial e para a economía do Concello.
Neste sentido, o alcalde ordenou que se tomasen medidas de precaución para preservar a seguridade das persoas e vehículos que transitan pola zona. Díaz afirma que está a intentar localizar a empresa que realizou a obra por un total de 10.000 euros e afirma que non van cobrar mentres non resolvan satisfactoriamente todos os fallos detectados.
Díaz denuncia que Perfecto Rodríguez dilapidou irresponsablemente o presuposto para que o novo equipo de goberno non tivese marxe e manobra nin para atender os máis urxente e necesario. E neste sentido, apunta que o anterior alcalde gastou 15.000 euros na actuación da orquestra París de Noia a escasos días de deixar o cargo poñendo en risco a celebración da Festa dos Dolores.
Relacionadas:
-
O PP asegura que o muro de Taboadelo está "en perfecto estado"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez responde ás críticas do actual alcalde sobre a "chapuza preelectoral" de Taboadelo
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas pide á Xunta unha fórmula para evitar a instalación dun crematorio na Reigosa
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez reivindica a súa xestión no saneamento do barrio de Avecil, en Cuñas
Por Redacción |
-
Finaliza o ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo
Por Redacción |
-
Melloran o acceso principal a Taboadelo
Por Redacción |