Melloran o acceso principal a Taboadelo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciou as obras de ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo, un actuación que consiste na construción dun novo muro de contención do camiño que comunica a estrada provincial Reigosa - Xustáns - Taboadelo co centro do lugar.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, nesa zona estase a construír unha vivenda que conforme á lei tivo que ceder unha parte do terreo para o ensanche do camiño. Desta forma o Concello aproveita ese anaco cedido para ensanchar esta zona mellorando notablemente o acceso principal á zona interior de Taboadelo.
A actuación está orzamentada en preto de 10.000 euros e a idea do Concello é, unha vez rematada a construción do muro, colocar unha bionda para maior seguridade dos vehículos.
Relacionadas:
-
O PP asegura que o muro de Taboadelo está "en perfecto estado"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez responde ás críticas do actual alcalde sobre a "chapuza preelectoral" de Taboadelo
Por Redacción |
-
Indignación do goberno de Ponte Caldelas polos fallos dunha obra herdada de Perfecto Rodríguez
Por Redacción |