Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, estaba este xoves contenta ante a súa primeira visita a unha obra como edil do Concello de Pontevedra.
Despois de diversos atrancos a nova área de servizo e pernoita de autocaravanas avanza a bo ritmo. Nestes momentos as máquinas afánanse en nivelar o terreo da parcela municipal de Tafisa para suavizar a pendente. Espérase que todo estea listo para que se poida estrear en Semana Santa.
O presidente da Asociación Galega de Autocaravanas e o presidente da Asociación galega de Campers, Manuel Fernández-Arruti e Víctor Pérez, respectivamente, acompañaron a Anabel Gulías nesta visita, dando continuidade ao asesoramento que veñen prestando ao goberno local para sacar adiante esta iniciativa.
"Abrimos a porta a un novo tipo de turismo que interesa pola cantidade de recursos que van deixar na nosa cidade este sector que ata agora estaba desatendido", dixo Anabel Gulías.
Respecto das obras, o proxecto inicial modificouse para sumar á área de autocaravanas un estacionamento disuasorio para máis de 60 vehículos. Estes espazos estarán separados por unha fileira de árbores para marcar as diferenzas de uso.
A Policía Local vixiará que as autocaravanas só permanezan 72 horas ao mes neste espazo "e que isto se converta nunha área de estacionamento e non nun asentamento", precisou a concelleira.
"Queremos converternos en referente de autocaravanas e imos a polo premio á mellor área", chanceou Anabel Gulías.
Pola súa banda Manuel Fernández-Arruti considera que a parcela será "inmejorable" pola súa localización e os servizos cos que vai contar. "Estamos convencidos de que esta será la mejor área de toda España", apuntou.
A Asociación Galega de Autocaravanas xa pensa en estrear esta área cunha concentración para agradecer ao Concello a súa iniciativa. Fernández-Arruti explicou que este tipo de quedadas deixan un retorno económico na cidade de 9.000 euros nunha soa fin de semana.
Relacionadas:
-
Estrea ao grande para a área de autocaravanas: 160 vehículos chegados de toda España e Portugal
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
As autocaravanas xa teñen espazo propio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Autocaravanas de toda España inaugurarán en Semana Santa a área habilitada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
En marcha o proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
O parking para autocaravanas empezará a executarse en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Anabel Gulías calma o malestar dos veciños da contorna de Tafisa co proxecto dun estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
Veciños da contorna de Tafisa piden anular o proxecto dun estacionamento de autocaravanas na zona
Por Redacción |