As autocaravanas xa teñen espazo propio en Pontevedra
Pontevedra conta, desde este xoves, cunha área reservada para autocaravanas e campers. Ocupa unha parcela de propiedade municipal situada nos antigos terreos de Tafisa e dispón, segundo celebran as asociacións do sector, con todos os servizos que precisa unha modalidade turística que "é a que máis crece con moita diferenza".
"Exclusiva e céntrica como esta non hai ningunha en Galicia", explicou o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández Arruti, que acompañou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na súa visita a un área que conta, dixo, cunhas "magníficas instalacións".
O estacionamento de autocaravanas de Pontevedra dispoñerá de 20 prazas con dúas de servizos con auga potable e saneamiento. A superficie é de 1.052 metros cadrados.
Nela, os usuarios só poderán estar un máximo de tres días seguidos. Trátase dunha estancia "suficiente", segundo Fernández Arruti, para visitar a cidade. Con esta limitación búscase que nesta zona "non se organicen campamentos" e garántase a rotación das prazas habilitadas.
Só poderán estacionar nela autocaravanas, campers ou vehículos homologados como vehículos-vivenda. Queda excluídos, polo tanto, caravanas, furgonetas, camións, turismos ou motocicletas.
As normas establecidas advirten que a praza ocupada deberá quedar limpa tras o seu uso e está prohibido o lavado de vehículos, a instalación de útiles de acampada (mesas, cadeiras, tendas ou toldos), ter animais soltos, poñer xeradores de electricidade ou emitir ruídos molestos que superen os 65 decibelios, límite que se reduce a 55 en horario nocturno.
Esta área, destacou o presidente da asociación galega, "sen dúbida" atraerán a "numerosas" persoas á cidade de Pontevedra a bordo das súas autocaravanas. "Estamos encantados e agradecidos", engadiu.
Manuel Fernández Arruti explicou que todas as cidades que habilitaron unha área deste tipo "incrementan moito" a asistencia de turistas que "se moven moito" por aplicacións móbiles e foros de internet "para recomendar sitios". Así, matizou que salvo a pernocta en hoteis "gastamos o mesmo que o resto de turistas".
O alcalde, pola súa banda, destacou que esta área para autocaravanas era "unha débeda que tiña o Concello con este tipo de turismo" que, recordou, está protagonizado por persoas que teñen un nivel medio-alto e que a Pontevedra "nos interesan moito" porque "cada vez hai máis xente que se move neste tipo de turismo".
Fernández Lores sinalou que esta zona "xa queda aberta", ao contrario da zona reservada para aparcamento disuasorio, onde se habilitarán case 70 prazas para turismos. Esta área non estará dispoñible ata despois de Semana Santa para poder dar cabida ao centenar de autocaravanas que se reunirán entre os días 13 e 16 de abril en Pontevedra.
Relacionadas:
-
400 autocaravanas pernoctaron na área de Pontevedra nos últimos catro meses
Por Redacción |
-
Denuncian un veciño de Marín por estacionar a súa caravana no aparcadoiro de autocaravanas
Por Natalia Puga |
-
Cidadáns esixe ao Concello que regule o novo aparcadoiro para autocaravanas
Por Oskar Viéitez |
-
Lores sobre a área de autocaravanas: "Era unha espiña que tiñamos cravada"
Por Diego Espiño |
-
Estrea ao grande para a área de autocaravanas: 160 vehículos chegados de toda España e Portugal
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Autocaravanas de toda España inaugurarán en Semana Santa a área habilitada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha o proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa
Por Alejandro Espiño |