Estrea ao grande para a área de autocaravanas: 160 vehículos chegados de toda España e Portugal
Por Natalia Puga & Diego Torrado
A nova zona reservada para autocaravanas e campers habilitada nos antigos terreos de Tafisa estreouse ao grande. Xusto unha semana despois da súa apertura, e antes mesmo da súa inauguración oficial, a área está este xoves chea ata os topes. Mesmo máis. O encontro organizado pola Asociación Galega de Autocaravanas reuniu en Pontevedra a 160 vehículos destas características chegados de todas as partes de España e tamén de Portugal.
Os vehículos empezaron a chegar este mércores e este xoves, con todos xa instalados, os participantes reuníronse na praza da Pedreira para participar na recepción oficial organizada polo Concello. A tenente de alcalde, Carme da Silva, deulles a benvida e animounos a aproveitar o encontro para gozar de Pontevedra, unha cidade na que o "esencial" é "como vivimos e o encanto de pasear polas prazas".
A recepción, que incluíu un petisco de produtos galegos servido pola empresa local El Mono con Sombrero, serviu de pistoletazo de saída para unha intensa fin de semana no que os participantes poderán gozar da nova zona específica á beira do río Lérez, pero tamén teñen organizadas outras actividades como unha visita guiada polo centro histórico de Pontevedra, unha viaxe en catamarán pola ría e unha vista aos petróglifos de Campo Lameiro. O sábado, ademais da asemblea da asociación pola tarde, pola noite terán unha cea no Liceo Casino.
O estacionamento de autocaravanas de Pontevedra ocupa unha superficie de 1.052 metros cadrados e está habilitado para 20 prazas con servizos con auga potable e saneamento. Para esta fin de semana, e ante a previsión de asistencia masiva para o encontro galego, o Concello reservou espazo na parcela contigua de Tafisa e tamén noutros puntos das inmediacións, a avenida de Bos Aires e as marxes do río Lérez para poder acoller a todos os asistentes. Había 150 inscritos e finalmente acudiron 160.
O presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, o pontevedrés Manuel Fernández Arruty, fixo de anfitrión e trasladou aos participantes que o "único pago" que deberán facer pola súa estancia destes días na cidade é "que contedes o ben que o pasastes por Pontevedra", pois servirá de tirón para atraer visitantes á cidade.
Relacionadas:
-
400 autocaravanas pernoctaron na área de Pontevedra nos últimos catro meses
Por Redacción |
-
Denuncian un veciño de Marín por estacionar a súa caravana no aparcadoiro de autocaravanas
Por Natalia Puga |
-
Poio estreará unha nova área de autocaravanas
Por Oskar Viéitez |
-
Cidadáns esixe ao Concello que regule o novo aparcadoiro para autocaravanas
Por Oskar Viéitez |
-
Lores sobre a área de autocaravanas: "Era unha espiña que tiñamos cravada"
Por Diego Espiño |
-
As autocaravanas xa teñen espazo propio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Autocaravanas de toda España inaugurarán en Semana Santa a área habilitada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha o proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
O solar de Tafisa dispoñerá dunha parcela para autocaravanas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada