Anabel Gulías calma o malestar dos veciños da contorna de Tafisa co proxecto dun estacionamento de autocaravanas
Por Redacción
Parte do malestar da comunidade de veciños dos edificios situados entre as rúas Camiño de Castela e A Seca, na contorna do antigo solar de Tafisa, parece terse disipado este martes. Os veciños reuníronse coa concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, para trasladarlle que estaban molestos co Concello de Pontevedra polo seu proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas nos antigos terreos da madeireira. Rematada a reunión, todos estaba con mellor sintonía.
A semana pasada os veciños entregaron por rexistro un informe dirixido a Anabel Gulías manifestando o seu malestar e pedindo unha "reunión urxente" cos responsables políticos. A concelleira non tardou en responder e este martes reuniuse con eles para falar deste proxecto, que o Concello orzamentou en 209.385,39 euros e que está en fase de adxudicación.
Segundo informou o Concello, na reunión explicóuselles o proxecto que terá unha superfice de 1.052 metros cadrados para 20 prazas de estacionamento de autocaravanas e dúas prazas de servizos con auga potable e saneamento, así como unha segunda superfice de 1.870 metros cuadrados para estacionamento de balde en superficie, creando arredor de 66 prazas de estacionamento.
A concelleira considerou moi positivo o encontro, xa que había dúbidas por parte dos veciños da zona que agora se resolveron. Ademais, segundo o Concello, os veciños agradeceron a celeridade coa que os recibiron e que se lles explicase o proxecto e resaltaron o carácter transitorio deste tipo de estacionamentos.
Sempre segundo a información do Concello, os veciños tamén destacaron que o Concello se comprometeu a non situar na zona a feira de ambulantes e a velar porque non fose un lugar de "botellón", un dos temores que tiña o colectivo.
Relacionadas:
-
Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez |
-
En marcha o proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
O parking para autocaravanas empezará a executarse en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños da contorna de Tafisa piden anular o proxecto dun estacionamento de autocaravanas na zona
Por Redacción |
-
O estacionamento de autocaravanas terá cabida para 18 vehículos
Por Redacción |
-
O solar de Tafisa dispoñerá dunha parcela para autocaravanas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada