Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez
Ata en catro ocasiones, a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, asegurou este venres en Pontevedra que a decisión da naviera Maersk de abandonar o Porto de Vigo para empezar a traballar desde Marín é "un asunto entre empresas privadas" e que "depende puramente del mercado y las instituciones no intervenimos para nada".
Ana Pastor respondeu deste xeito ao ser preguntada pola campaña iniciada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga para evitar que Maersk empece a operar desde Marín, lembrando que esta decisión "no depende de las instituciones" xa que son as empresas "las que determinan en sus concursos quiénes son los proveedores".
Alleo a estas palabras o presidente do Porto de Vigo e ex conselleiro de Pesca con Manuel Fraga, solicitou a Fomento "medidas cautelares" que garantan a competencia "efectiva" entre ambos os portos xa que López Veiga culpa a Marín de "alterar" esta competencia ao ofrecer "condiciones mejores" na estiba á naviera nórdica.
PontevedraViva tentou obter unha valoración do presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, pero este declinou facer comentarios respecto diso.
Suárez Costa, a alcaldesa de Marín, María Ramallo e a ministra de Fomento, coincidiron este venres nunha reunión na sede pontevedresa do PP en Raíña Vitoria na que Ana Pastor insistiu en que "no hay ni una sola participación de la administración" nesta decisión de Maersk de operar desde a ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PSOE pide unha reunión urxente dos portavoces políticos de Marín ante a polémica polo traslado de Maersk
Por Redacción |
-
Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez |
-
López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
"Hai quen fala para a feira", segundo Lores, para frear a chegada de Maerks a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira: "Lores mantén o seu mutismo ante as humillacións de Silva"
Por Redacción |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |