López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez
Xa hai data para a reunión solicitada entre responsables da Autoridade Portuaria de Vigo e a naviera Maerks. Será o próximo 27 de abril, cando o máximo responsable do porto vigués, Enrique López-Veiga, viaxe a Alxeciras para tratar de convencer a directivos da naviera das "implicaciones negativas" que, ao seu xuízo, a perda deste tráfico podería ter entre os usuarios vigueses.
Así o anunciou este venres, en rolda de prensa, o máximo responsable portuario, tras presidir unha reunión extraordinaria do Consello de Administración da institución que virou ao redor dun punto único do día: a situación actual da rada viguesa tras o anuncio da naviera de comezar a operar no Porto de Marín a partir do próximo mes de maio.
Segundo explicou López Veiga, trátase dunha decisión "inexplicablemente rápida" e "sujeta a unas cláusulas de confidencialidad" entre a propia naviera e as terminais de Vigo, Marín e Vilagarcía para a licitación do contrato de carga e descarga dos colectores que, actualmente, operan no Porto de Vigo, e que foi realizada a través dunha poxa electrónica celebrada na India da que a propia Autoridade Portuaria de Vigo non tiña coñecemento algún.
Foi o pasado mes de marzo, cando a empresa titular da Terminal de Colectores do Porto de Vigo (Termavi) comunicou, de maneira informal, á Autoridade Portuaria, que dita poxa fora desfavorable a Vigo, ao realizar a terminal que opera no Porto de Marín unha oferta económica máis vantaxosa.
Desatendendo as instrucións da Minsitra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga trasladará á naviera os "inconvenientes" da súa decisión.
Máis aló desta reunión, o presidente portuario vigués solicitou a Portos do Estado a adopción de "medidas cautelares" para remediar o que considera "una alteración de la competencia efectiva en la prestación de servicios portuarios, que se produce entre las Autoridades Portuarias de Marín y Vigo".
Vigo solicita a Portos do Estado "prohibir un aumento das actividades no Porto de Marín nunhas instalacións declaradas ilegais"
Para iso, e de acordo co disposto no artigo 125.a) do Texto Refundido da Lei de Portos e da Mariña Mercante, a Autoridade Portuaria viguesa solicita a Portos do Estado que actúe arbitrando medidas no conflito que se expón e que, en calquera caso, proceda a "prohibir un aumento das actividades no Porto de Marín nunhas instalacións declaradas ilegais polo Tribunal Supremo en sentenza con data 30/10/2009, polo menos ata o momento en que se dea unha solución final a este contencioso".
Así mesmo, solicita que proceda a facer un "estudio exhaustivo" das condicións laborais e de contratación dos traballadores empregados por ambas as terminais, co fin de esclarecer as "posibles desvantaxes competitivas" existentes entre ambos os portos ou, se é o caso, poña este feito en coñecemento da Comisión Nacional da Competencia "se estima que esta cuestión poida exceder ás súas competencias".
López Veiga confesa que "no tirará la toalla" e tratará de "reverter" unha situación que, entende, "es mala para todos". Por iso, tratará de "convencer" á naviera para que reconsidere a situación, xa que "hay factores que pudieran no haber tenido en cuenta en su decisión".
RESPOSTA A LORES
Sobre a cualificación de "brindis al sol" das xestións que está a realizar, por parte do rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, López Veiga preguntouse "qué pensaba con los rellenos" do porto de Marín.
"No me gusta la gente que para unas cosas dice que sí y para otras, no", proclamou López Veiga, quen engadiu que non ten "nada en contra de Marín ni de su puerto", senón que tenta evitar que Vigo non poida competir "por cuestiones legales".
Relacionadas:
-
Maersk obtén autorización do consello de administración do Porto para operar en Marín
Por Redacción |
-
O PSOE pide unha reunión urxente dos portavoces políticos de Marín ante a polémica polo traslado de Maersk
Por Redacción |
-
Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez |
-
"Hai quen fala para a feira", segundo Lores, para frear a chegada de Maerks a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira: "Lores mantén o seu mutismo ante as humillacións de Silva"
Por Redacción |
-
Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |