Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez
En Marea presentou unha pregunta parlamentaria na Cámara Baixa ao Ministerio de Fomento sobre a marcha da multinacional Maersk, do Porto de Vigo para asentarse no porto de Marín, "presidido polo consorte da Ministra de Fomento en funcións".
A deputada de En Marea Alexandra Fernández dirixe unha batería de preguntas ao ministerio para coñecer "en que se baseou para oporse á petición da Autoridade Portuaria de Vigo para que se adoptasen medidas cautelares" á decisión de Maersk de abandonar o porto vigués. Alexandra Fernández afirma que "este tema precisa de aclaracións".
Para En Marea é un tema que ten o seu interese porque evidencia un conflito comercial entre dous portos que dependen do Estado, "pero agudiza a crise o feito de saber que quen preside o porto de Marín é o consorte da actual Ministra de Fomento en funcións, o que dá pe a multitude de preguntas".
Por esta razón, pregunta ao ministerio se "existe alguna influencia" na resposta de Portos do Estado á Autoridade Portuaria de Vigo polo feito de que o porto de Marín estea presidido polo consorte da ministra de Fomento en funcións.
Ademáis, interpela ao ministerio para coñecer se "de verdade se trata únicamente dunha decisión que se ubica inequívocamente no ámbito das relación comerciais entre empresas privadas? Non debería ser a sentenza de 2009 do Tribunal Supremo motivo suficiente para analizar con reservas o traslado a Marín? Non considera Fomento que existe certa competencia desleal xa que o porto de Marín podo ofertar prezos inferiores no servizo de estiba e desestiba? É consciente da importancia que o tráfico de contenedores ten no porto de Vigo?".
Relacionadas:
-
Maersk obtén autorización do consello de administración do Porto para operar en Marín
Por Redacción |
-
O PSOE pide unha reunión urxente dos portavoces políticos de Marín ante a polémica polo traslado de Maersk
Por Redacción |
-
López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
"Hai quen fala para a feira", segundo Lores, para frear a chegada de Maerks a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira: "Lores mantén o seu mutismo ante as humillacións de Silva"
Por Redacción |
-
Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |