Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño
Como "absolutamente desafortunadas". Así cualificou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, todas as declaracións que se sucederon nos últimos días desde que se coñeceu a decisión da naviera nórdica Maersk de trasladar todo o seu tráfico de colectores de Vigo a Marín.
Esta decisión xerou unha gran polémica na cidade olívica, salpicando ás instalacións portuarias da ría de Pontevedra.
Tras defender a idoneidade do Porto de Marín para acoller o tráfico que xera Maersk -que en Vigo alcanzaba os 200.000 colectores anuais-, o edil do BNG sinalou que "máis alá dos dimes e diretes" que provocou esta decisión, trátase de cuestións entre empresas privadas e débese, exclusivamente, a que esta compañía "ve máis rentable estar en Marín que en Vigo".
Por iso, desde o Concello de Pontevedra reclamou a todos os actores políticos que se manifestaron a este respecto durante estes días, que "saian das ocurrencias" porque se trata dunha cuestión de "funcionamento normal" entre empresas.
Así se referiu, entre eles, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, á presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, ou ao portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, que esta fin de semana esixía ao goberno municipal un posicionamento claro en defensa do Porto de Marín.
Máis aló desta polémica, Raimundo González cualificou como "positivo" a chegada de Maersk a Marín, xa que explicou que se existía na autoridade portuaria "preocupación" ante a perda de volume de negocio coa saída de Ence da ría, coa naviera nórdica "xa temos substituto" para esta ocupación de tráfico portuario.
Relacionadas:
-
O PSOE pide unha reunión urxente dos portavoces políticos de Marín ante a polémica polo traslado de Maersk
Por Redacción |
-
Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez |
-
López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
"Hai quen fala para a feira", segundo Lores, para frear a chegada de Maerks a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Jacobo Moreira: "Lores mantén o seu mutismo ante as humillacións de Silva"
Por Redacción |
-
Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |