Jacobo Moreira: "Lores mantén o seu mutismo ante as humillacións de Silva"
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira saíu ao paso das declaracións da presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, sobre a decisión da empresa Maersk de trasladar a súa actividade ao Porto de Marín, para criticar ao alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores.
"Unha vez máis volvemos a comprobar como Lores claudica en favor de manter ao seu compañeiro César Mosquera sentado na vicepresidencia da Deputación", dixo.
O portavoz popular lembra que foi "Carmela Silva quen, dende a institución provincial, mostrou o seu rexeitamento á permanencia dunha empresa en Pontevedra, mentres agora vemos como sae á defensa doutras empresas de Vigo". Para Jacobo Moreira "está é a dobre vara de medir da que hoxe se corrobora como a delegada do alcalde de Vigo na Deputación provincial".
Neste sentido, o edil popular lamenta que Lores "permita que se humille á cidade de Pontevedra e consigo a toda a comarca" polo que esixe ao alcalde da cidade do Lérez que "abandone o seu mutismo e defenda tamén os intereses dos pontevedreses, máxime cando Lores é o representante do Concello no Consello de Administración da Autoridade Portuaria Marín - Pontevedra".
"Hai uns días vimos como a delegada do alcalde de Vigo desprezaba á deputada popular, Elena Muñoz" lembrou Jacobo Moreira quen lle aconsella a Carmela Silva "deixar de empregar o insulto cara os seus adversarios políticos e comezar a defender a todos os municipios por igual".
"Nestes intres, sentímonos todos insultados por Carmela Silva coa compracencia do señor Lores", dixo Moreira
Relacionadas:
-
Influíu na marcha de Maersk a Marín que o Porto esté "presidido polo consorte da ministra"?
Por Oskar Viéitez |
-
López Veiga desatende a Ana Pastor e tratará de disuadir a Maersk para que non marche a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
"Hai quen fala para a feira", segundo Lores, para frear a chegada de Maerks a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra califica de "absolutamente desproporcionadas" as críticas a Marín pola chegada de Maersk
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pastor desautoriza ao presidente do Porto de Vigo pola súa campaña para evitar que Maersk se traslade a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín celebra a chegada de Maersk ao porto mentres Vigo o lamenta
Por Oskar Viéitez |