Quen queima os colectores en Pontevedra?
Por Diego Torrado
A Policía Local de Pontevedra investiga a autoría do lume en dous colectores que arderon nunha escasa marxe de tempo durante a tarde deste venres.
Os bombeiros foron alertados sobre a unha da tarde para que acudesen a sufocar as chamas en dous colectores situados na rúa Alcalde Hevia e na avenida Fernández Ladreda.
A proximidade destes colectores e a súa coincidencia no tempo leva aos investigadores a pensar nun mesmo autor.
INCENDIO EN DOMINGO FONTAN
Por outra banda, os Bombeiros de Pontevedra tamén acudiron a sufocar un conato de incendio provocado por unha lavadora nunha vivenda particular da rúa Domingo Fontán.
Relacionadas:
-
Prenden lume a tres colectores de papel preto da Xunta
Por Diego Torrado |
-
Denuncian un grupo de menores como autores da queima de colectores na cidade
Por Redacción |
-
Ingreso psiquiátrico para o acusado de queimar colectores de papel por toda a cidade
Por Redacción |
-
Deteñen un pontevedrés que deixou un regueiro de colectores queimados pola cidade
Por Redacción |
-
Queiman papeleiras e colectores en cinco puntos da cidade na mesma madrugada
Por Redacción |