A Estación Fitopatolóxica trata de evitar o picudo nas palmeiras dos xardíns de Lourizán
Por Redacción
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, remataron este luns o tratamento da ducia de palmeiras que hai dentro do xardín provincial do Centro Forestal de Lourizán (a antiga finca de Montero Ríos), que estaban afectadas por unha praga de picudo.
Para loitar contra este insecto realizouse una fumigación cun canón de grandes dimensións que alcanza ata 25 metros de altura e tamén funciona en horizontal. Foi preciso o traballo de dous técnicos.
Areeiro tamén se encargará da plantación das árbores das inmediacións do viveiro de empresas do polígono industrial de Barro-Meis. Os exemplares elixidos foron Eleagnus Umbellata, máis coñecidos como 'olivas de outono', uns arbustos de grandes dimensións con froitos vermellos moi saborosos e vistosos. O persoal da Estación Fitopatolóxica acudirá ao parque nos vindeiros días, cando estea dispoñible a maquinaria provincial para trasladar a terra necesaria.
Os técnicos tamén acudiron ao parque de Os Pasales no Concello de Meaño para realizar unha análise das súas árbores, que presentan mal estado logo da reforma que se fixo na zona este verán.
Relacionadas:
-
As palmeiras da cidade, de novo a tratamento contra o picudo vermello
Por Redacción |
-
Vilagarcía decláralle a guerra ao escaravello picudo
Por Redacción |
-
2016 comezará coa mellora de árbores e de vías urbanas
Por Redacción |
-
Preocupación ante o avance da praga do picudo vermello nas palmeiras da provincia
Por Redacción |
-
Piden que O Areeiro inspeccione as árbores de Sanxenxo para detectar a presenza de picudo
Por Redacción |
-
En pé de guerra contra o picudo vermello
Por Cristina Saiz |