Preocupación ante o avance da praga do picudo vermello nas palmeiras da provincia
Por Redacción
O picudo vermello, unha praga que afecta ás palmeiras da provincia de Pontevedra, está a ser todo un quebracabezas para a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Tanto que os seus responsables veñen de emitir un aviso no que os técnicos aconsellan aos concellos que as palmeiras que estean moi afectadas por este ataque sexan eliminadas para evitar a dispersión desta perigosa praga e avanzar no seu control.
Con todo, recordan que esta operación debe realizarse respectando escrupulosamente as normas de seguridade básicas e adoptando unha serie de precaucións para evitar a dispersión da enfermidade, polo que se aconsella recorrer a empresas especializadas.
O director da estación, Pedro Mansilla, explica que este ano observouse un avance notorio da praga en diferentes zonas da provincia e que cada vez son máis numerosas as palmeiras que manifestan síntomas do seu ataque. Así, son moitos os concellos que teñen solicitado nos últimos meses axuda para coñecer o estado das súas árbores e que xa dispoñen dunha diagnose para facer fronte á praga
Desde a Estación Fitopatolóxica de Areeiro aconsellan aos concellos revisar periodicamente as palmeiras coa fin de detectar posibles síntomas da presenza do picudo vermello, evitar plantar novas palmeiras nas zonas onde se detectou a praga e nas súas proximidades ou evitar podas e, en todo caso, eliminar só as palmas secas unicamente no inverno. Os cortes deben ser limpos, sen rachos e tras realizalos débese tratar a ferida cun insecticida
Ademais, ven necesario realizar tratamentos preventivos a palmeiras sen síntomas con insecticidas a base de materias activas autorizadas. Se a palmeira é de elevada talla, existen varias empresas na provincia con capacidade para realizar estas intervencións. Se se trata de plantas de reducido tamaño, débense efectuar polo menos tres tratamentos: na primavera, verán e outono con insecticidas autorizados para este fin.
A pesar de ir en contra da filosofía xeral do centro de non talar ningunha árbore, os técnicos deste organismo insisten en que as palmeiras moi afectadas deben eliminarse. No caso de exemplares pequenos, estes pódense cortar en anacos 'in situ' e soterrar todos os restos a unha profundidade non inferior a dous metros, deixando a zona limpa de calquera residuo da planta.
Relacionadas:
-
"Este foi o ano da eclosión definitiva do picudo"
Por Redacción |
-
Podan seis palmeiras urbanas en Marín en mal estado
Por Redacción |
-
Estudan instalar aspersores nas Palmeiras para combatir os ataques do picudo vermello
Por Redacción |
-
As palmeiras da cidade, de novo a tratamento contra o picudo vermello
Por Redacción |
-
A Deputación insta á Xunta a que cofinancie a Estación Fitopatolóxica de Areeiro
Por Redacción |
-
Vilagarcía decláralle a guerra ao escaravello picudo
Por Redacción |
-
Areeiro estrea coche para os seus traballos de campo
Por Redacción |
-
2016 comezará coa mellora de árbores e de vías urbanas
Por Redacción |
-
Piden que O Areeiro inspeccione as árbores de Sanxenxo para detectar a presenza de picudo
Por Redacción |
-
A Estación Fitopatolóxica trata de evitar o picudo nas palmeiras dos xardíns de Lourizán
Por Redacción |
-
En pé de guerra contra o picudo vermello
Por Cristina Saiz |