Vilagarcía decláralle a guerra ao escaravello picudo
Por Redacción
O servizo municipal de xardíns de Vilagarcía continúa un programa contra a onda de escaravello picudo que está a afectar ás palmeiras de toda Galicia. Entre o luns e este mércores, a empresa contratada está a aplicar o tratamento preventivo por fungos procedeu a aplicar a segunda dose nas árbores situadas en zonas públicas sobre as que xa se actuase a principios de maio.
Ademais estase aplicando o tratamento por endoterapia no resto de palmeiras.
Durante o mes de maio aplicouse a estas especies un produto granulado que contén o fondo natural que reforza as defensas das árbores para que poidan defenderse mellor dos ataques do picudo vermello. A segunda dose do tratamento, para reforzar os efectos do fungo, baséase na aplicación dunha sustancia denominada neomato.
Os operarios municipais encargaranse de continuar con outro sistema para evitar a morte das palmeiras polo ataque do picudo, o da endoterapia. Este sistema consiste na aplicación dun insecticida para combater ao escaravello e de nutrientes para fortalecer as árbores.