Un novo programa de prácticas permitirá aos titulados de FP adquirir experiencia laboral en Europa
Por Redacción
O Ministerio de Educación concedeu á Deputación unha subvención de 1,3 millóns de euros para poñer en marcha o programa "PracticumDepo 2015" que está orientado a completar a formación dos mozos, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.
Segundo informou a presidenta, Carmela Silva, trátase de que os recén titulados en FP poidan realizar prácticas en empresas no estranxeiro. Nesta primeira fase 46 escolares partirán a Irlanda e Italia para traballar en empresas da súa rama formativa.
Os alumnos que participarán neste proxecto corresponden a centros educativos de Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Vila de Cruces, Silleda, Salvaterra de Miño, Tomiño, Marín, Sanxenxo e Moaña.
Os centros de FP de Pontevedra que participan no programa PracticumDepo 2015 son: o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, o IES A Xunqueira I e o IES Montecelo.
Tamén participarán un centro dos concellos de Cambados (IES Francisco Asorey), Marín (IES Chan do Monte), e Sanxenxo (IES de Vilalonga).
As becas para estes estudantes son entre 7.000 e 9.000 euros por persoa dependendo do lugar escollido e de 275 euros para o viaxe.
Relacionadas:
-
Educación anuncia a ampliación do Instituto Francisco Asorey, en Cambados
Por Redacción |
-
Mozos de catro centros de FP de Pontevedra farán prácticas laborais en Europa
Por Redacción |
-
Os 62 concellos da provincia de Pontevedra apúntanse ao Plan de Emprego da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Seis meses de prácticas remuneradas en Europa para 123 alumnos de FP
Por Redacción |
-
A Comisión Europea concede un millón de euros á Deputación para un programa de prácticas laborais de FP
Por Oskar Viéitez |