Os 62 concellos da provincia de Pontevedra apúntanse ao Plan de Emprego da Deputación
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou na súa xunta de goberno deste venres a concesión de subvencións dentro do segundo "Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015", coñecido popularmente como o Plan de emprego.
Os 62 concellos da provincia de Pontevedra pediron axudas apuntándose a este Plan, polo que a presidenta da institución mostrou a súa "satisfacción" ante esta unanimidade.
"Iso significa que temos 62 concellos moi activos e que ten tamén moita preocupación pola creación de emprego e ao mesmo tempo pola dotación de servizos", destacou Carmela Silva.
O prazo era moi breve polo que a presidenta agradeceu a dilixencia e rapidez nas tramitacións destas solicitudes para poder o próximo 1 de novembro estar os máis de 1.500 traballadores nos seus postos.
Tamén aprobaron a convocatoria de dez bolsas de "mestre compostador", que se encargarán do mantemento dos centros de compostaxe comunal nos concellos da provincia. Os aspirantes deberán superar un exame tipo test e unha entrevista persoal, así como un curso intensivo para obter o seu título. Unha vez contratados percibirán mensualmente 1.400 euros.
Igualmente o goberno provincial aprobou a convocatoria de dúas bolsas de Técnico superior en saúde ambiental e de Laboratorio clínico, durante un ano na Estación Fitopatológica de Areeiro.
Carmela Silva destacou, como resumo, que esta xunta de goberno deu impulso a "cuestións relevantes relativas ao apoio da Deputación aos concellos da provincia", a cuestións ambientais e á xeración de emprego, todas elas dixo "prioridades coas que o pasado 17 de xullo comprometerámonos a poñer en marcha".
Relacionadas:
-
O PP asegura que as nóminas do "mini" Plan de Emprego da Deputación son de "miseria"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incorpora a 24 persoas nas brigadas municipais
Por Redacción |
-
Marín contrata a 34 persoas en situación de desemprego
Por Redacción |
-
A Deputación ocupa a máis de 1.500 persoas co último Plan de Emprego aprobado
Por Redacción |
-
Poio contratará 30 persoas grazas ao Plan de Emprego da Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo contratará 30 traballadores con cargo ao Plan de Emprego provincial
Por Redacción |
-
Quince pontevedreses traballarán para o Concello durante dous meses co Plan de Emprego provincial
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Entra en funcionamiento un Servizo provincial de Emprego
Por Oskar Viéitez |
-
Un novo programa de prácticas permitirá aos titulados de FP adquirir experiencia laboral en Europa
Por Redacción |