Seis meses de prácticas remuneradas en Europa para 123 alumnos de FP
Por Redacción
Un total de 123 alumnos de 18 centros de FP de Pontevedra farán prácticas laborais remuneradas en Europa, grazas ao proxecto Practicum Depo 2015 da Deputación Provincial. Un proxecto para o cal a Unión Europea concedeu ao organismo provincial un millón de euros.
Durante seis meses os recén titulados en ciclos medios de FP completarán a súa formación profesional en empresas e institucións europeas.
Segundo informou este venres o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro. Entre os 18 centros están o entro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán; o IES A Xunqueira I; e o IES Montecelo de Pontevedra, así como o Chan do Monte de Marín e o IES de Vilalonga en Sanxenxo.
O programa está orientado a completar a formación dos mozos, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.
Estes mozos irán a países nos que hai mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades que oferten.