O Sergas estuda a ampliación do centro de saúde de Anafáns
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde está a estudar a ampliación do centro de saúde de Anafáns, para mellorar a atención que se presta aos usuarios do municipio de Poio.
O xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, mantivo este mércores un encontro co alcalde de Poio, Luciano Sobral, e técnicos do concello e do Sergas, para formular a posibilidade desta ampliación e coñecer as disposicións do plan xeral de ordenación municipal en relación co terreo no que está situado o centro de saúde.
Posteriormente, o xerente visitou as instalacións de Anafáns para coñecer a súa situación actual, valorar as necesidades e analizar as diferentes posibilidades de ampliación que ofrece a parcela.
O municipio de Poio conta cos centros de saúde de Anafáns, Combarro e Raxó. O centro de saúde de Anafáns atende a unha poboación superior ás 10.000 persoas, das que máis de 2.000 corresponden a pacientes pediátricos. Actualmente ten cunha superficie construída de 494 metros cadrados, distribuída en planta baixa e primeira planta.
Tras esta fase preliminar, elaborarase un plan funcional no que se detalle a zona na que se realizará á ampliación, os metros cadrados que incorporará ao centro e a utilización concreta dos novos espazos, así como a posibilidade de aumentar tamén as prazas de aparcadoiro. O obxectivo deste proxecto é mellorar a accesibilidade, a comodidade e a atención aos usuarios do centro de saúde.
Relacionadas:
-
Todos os políticos aproban unha moción para reclamar a mellora dos servizos sanitarios en Poio
Por Redacción |
-
O PP de Poio propón negociar cos propietarios e ampliar o estacionamento do Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |
-
CIG-Saúde denuncia que as esperas no Centro de Saúde de Anafáns "están a superar os doce días"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Denuncian listas de espera de máis dunha semana para o médico de cabeceira
Por Redacción |
-
Poio acometerá obras de mantemento no Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |