Poio acometerá obras de mantemento no Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez
Este venres o concelleiro de sanidade de Poio, Xosé A. Lodeiro, reuniuse coa responsable do Centro de Saúde de Anafáns, para coordinar os traballos de mantemento das instalacións que o Concello de Poio vai a asumir nas vindeiras semanas en horario de tarde, xa que ao haber menor afluencia de usuarios as obras suporán un menor trastorno e que se realizará con persoal municipal.
Vaise levar a cabo o pintado do interior de todo o centro, substitución de falsos teitos, reparación de pisos, revisión e arranxo das fiestras e outras reparacións menores de mantemento e mellora das instalacións.
En marzo de 2009 asinouse un convenio polo que se traspasaría o Centro de Saúde de Anafáns ao Sergas, que asumiría todos os custes derivados. No ano 2010 tramitáronse os expedientes de desafectación do inmoble e da parcela e a posterior cesión ao Sergas, mais polo momento o Servizo Galego de Saúde non fixo efectiva a asunción deste centro. Polo tanto é o Concello de Poio continúa asumindo os custes de suministros, limpeza e mantemento.
Relacionadas:
-
O PP de Poio propón negociar cos propietarios e ampliar o estacionamento do Centro de Saúde de Anafáns
Por Oskar Viéitez |
-
CIG-Saúde denuncia que as esperas no Centro de Saúde de Anafáns "están a superar os doce días"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas estuda a ampliación do centro de saúde de Anafáns
Por Redacción |