Os traballadores de Enmacosa sopesan unha "folga indefinida"
Por Redacción
O Comité de empresa de Enmacosa convocará unha asemblea para que os traballadores decidan novas medidas de presión no que se contempla a convotoria dunha folga indefinida a partir do xoves día 23 de outubro. ÿ a reacción do equipo ante o "reiterado incumprimento" da dirección desta consultoría técnica.
Os empregados desta firma de Sanxenxo desconvocaron o anterior paro despois de que osxerentes de Enmacosa anunciasen a presentación da documentación necesaria para entrar no concurso de acredores no xulgado do Mercantil número dous de Pontevedra, e desen orde de pagamento para as nóminas de setembro.
Non obstante, segundo informaron fontes sindicais, a empresa "incumpriu a súa palabra" e non pagou as mensualidades debidas aos traballadores ata abril.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Enmacosa desconvocan a folga ao chegar a un acordo coa empresa
Por Redacción |
-
A asemblea de traballadores de Enmacosa convoca folga indefinida a partir do 23 de outubro
Por Redacción |
-
Enmacosa comprométese a presentar o concurso de acredores esta semana
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Enmacosa convocan unha folga indefinida para forzar o concurso de acredores
Por Redacción |
-
Traballadores de Enmacosa concéntranse ante a empresa para reclamar os seus salarios
Por Redacción |