A asemblea de traballadores de Enmacosa convoca folga indefinida a partir do 23 de outubro
Por Redacción
A asemblea de traballadores de Enmacosa decidiu convocar unha folga indefinida a partir do xoves 23 de outubro en caso de que non frutifiquen as negociacións coa empresa de Sanxenxo ao longo da semana.
Con esta decisión, os empregados da consultoría técnica intentan obter o pagamento das nóminas atrasadas de marzo e abril deste ano. Segundo fontes sindicais ábrense agora cinco días de negociación para intentar que a empresa poida atender ás súas demandas.
Os traballadores xa desconvocaran unha previsión de paro anterior despois de que a empresa pagase unha das nóminas que deben ao equipo e presentase o concurso de acredores.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Enmacosa desconvocan a folga ao chegar a un acordo coa empresa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa sopesan unha "folga indefinida"
Por Redacción |
-
Enmacosa comprométese a presentar o concurso de acredores esta semana
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |