Enmacosa comprométese a presentar o concurso de acredores esta semana
Por Redacción
Os traballadores da empresa de consultoría técnica, Enmacosa, deron unha nova marxe, ata este venres 3, á dirección da entidade para que presente o concurso de acredores ao que se comprometera. O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, sinalaba que a asemblea de traballadores decidira durante este mércores ofrecer ese novo prazo de marxe debido a que se produciu un atraso na entrega de documentación procedente de Madrid.
Por outra banda, o persoal recibiu o 25% do pagamento dunha das oito nóminas que debe a empresa de Sanxenxo este 1 de outubro despois de que o pasado venres recibise o 75%. E agora, segundo as fontes sindicais, ofrecen un prazo ata o día 15 para que a xerencia ingrese dúas novas nóminas aos empregados. En caso de que este requisito se incumpra, o comité de empresa anunciou que iniciarán novos actos de protesta.
Ao mesmo tempo, os traballadores intentarán manter contactos coas distintas administracións que deben pagamentos a Enmacosa continuando co calendario de contactos iniciado esta semana tras reunirse coa alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.
Relacionadas:
-
A viabilidade de Enmacosa pasa polo despedimento do 60% do seu persoal
Por Anxo Lourido |
-
A administración concursal chama os acredores de Enmacosa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa desconvocan a folga ao chegar a un acordo coa empresa
Por Redacción |
-
A asemblea de traballadores de Enmacosa convoca folga indefinida a partir do 23 de outubro
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa sopesan unha "folga indefinida"
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Enmacosa convocan unha folga indefinida para forzar o concurso de acredores
Por Redacción |