Os traballadores de Enmacosa convocan unha folga indefinida para forzar o concurso de acredores
Por Redacción
O comité de empresa de Enmacosa comunicará este martes á dirección a decisión aprobada onte pola asemblea de convocar unha folga con carácter indefinido, para reclamar o pagamento das nóminas que se lles adebeda.
O paro sería efectivo a partir do próximo luns 29 de setembro, unha vez que se de traslado da decisión á Subdelegación do Goberno.
A decisión dos traballadores pretende forzar á dirección a presentar o concurso de acredores e poder cobrar as oito nóminas que lles deben. Segundo informaron fontes sindicais, na asemblea cincuenta dos traballadores votaron a favor do paro indefinido, quince votaron en contra e un en branco.
O equipo calcula que Enmacosa debe 1,7 millóns de euros aos traballadores e 8 millóns aos bancos.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Enmacosa sopesan unha "folga indefinida"
Por Redacción |
-
Enmacosa comprométese a presentar o concurso de acredores esta semana
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |
-
Traballadores de Enmacosa concéntranse ante a empresa para reclamar os seus salarios
Por Redacción |
-
Traballadores de Enmacosa reclaman a implicación da Xunta para evitar que chegue a concurso
Por Redacción |