Traballadores de Enmacosa concéntranse ante a empresa para reclamar os seus salarios
Por Redacción
Un grupo de traballadores de Enmacosa concentráronse este venres a mediodía ante a sede da empresa en Portonovo, para reclamar o pagamento das oito nóminas que lles deben.
Esta concentración foi a primeira mobilización que leva a cabo o plantel, tal e como se decidiu na asemblea que mantiveron os traballadores a principios desta semana. Nese encontro tamén se chegou a formular o inicio dunha folga indefinida, unha postura que estará supeditada á posible entrada en concurso de acredores de Enmacosa.
Os traballadores sopesan unha folga indefinida
Os traballadores son conscientes da gravidade desta decisión xa que a firma ten unha gran carga de traballo.
A crise económica, especialmente profunda no sector da construción, é o argumento de fondo que repiten os empregados para explicar a situación actual de Enmacosa aínda que tamén se apunta á mala xestión da dirección da empresa para resolver a súa falta de liquidez ou os atrasos no pagamento das administracións.
Neste sentido o equipo apela ás axudas públicas para corrixir a quebra e evitar o terceiro ERE en pouco máis de dous anos, cunha regulación de emprego traumática de 48 despedimentos.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Enmacosa sopesan unha "folga indefinida"
Por Redacción |
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Enmacosa convocan unha folga indefinida para forzar o concurso de acredores
Por Redacción |
-
Traballadores de Enmacosa reclaman a implicación da Xunta para evitar que chegue a concurso
Por Redacción |
-
Enmacosa negocia o despedimento de máis de 40 traballadores
Por Redacción |