As obras de mellora do Camiño Portugués no municipio de Pontevedra, case a punto
Por Redacción
Celestino Lores, o presidente da Fundación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, xunto a directivos deste colectivo que forman parte da mesa do Camiño Portugués creada pola Deputación provincial da que forman parte a Xunta de Galicia e os concellos do Camiño, percorreron o Camiño Portugués para comprobar a evolución das obras de limpeza que se están a acometer.
A pesar da chuvia, os traballos das brigadas estanse a desenvolver con normalidade e algúns tramos do Camiño como o que percorre o municipio de Pontevedra xa se encontran na súa fase final. Neste tramo, nas inmediacións do Castrado limpouse a maleza deixando ao descuberto as ruínas dun antigo muíño nas ribeiras do río Alba.
Os traballos proseguirán quedando pendentes outros aspectos como o de seguridade nos cruzamentos coa N-550, a sinalización e outras melloras que están pendentes do informe que os técnicos encargados da súa elaboración presenten á mesa. O colectivo reflectiu a necesidade de que se melloren os tramos das beirarrúas de Tomeza e San Caetano.
A afluencia de peregrinos segue sendo importante durante este outono poñéndose o cartel de completo durante o martes desta semana no albergue Virxe Peregrina. Dende a asociación calculan que se vai superar o pico máis alto de peregrinos que se situaban no Ano Santo 2010 con 34.147 visitantes.
Relacionadas:
-
O Camiño Portugués, foco de discrepancias da Deputación e o BNG contra a Xunta
Por Redacción |
-
Os albergues do Camiño Portugués incrementaron o número de pernoitas en 2014
Por Redacción |
-
Chapa e pintura para o albergue
Por Redacción |
-
Empezan os traballos de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Preto de 100 operarios comezan este luns a acondicionar o Camiño Portugués
Por Redacción |