Empezan os traballos de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués
Por Redacción
Un cento de operarios iniciaron este luns, en distintos concellos da provincia de Pontevedra, os traballos de acondicionamento e limpeza do Camiño Portugués.
A Deputación inviste 1 millón de euros para contribuir á consolidación definitiva da ruta xacobea, entre Tui e Pontecesures, que, nun prazo de seis meses, prevése estea en óptimo estado de conservación, limpeza e sinalización.
Os traballos que se iniciaron forman parte dun proxecto conxunto da Xunta, a Deputación e os 12 concellos polos que pasa o Camiño. Os operarios están coordinados polos distintos concellos en distribúense en función dos kilómetros da ruta en cada concello.
Así, entre Pontevedra e Soutomaior os catro operarios iniciaron a súa intervención no entorno de Pontesampaio e perto do posto da Garda Civil, na entrada de Arcade.
Unha vez desenvolvida esta primeira fase que agora se inicia, terá lugar unha segunda tendente a mellorar a seguridade vial da ruta na súa intersección con distintas estradas, a construir algunha ponte de madeira, melloras do pavimento con empedrados ou zahorra, melloras de sinalización e outras.
Relacionadas:
-
As obras de mellora do Camiño Portugués no municipio de Pontevedra, case a punto
Por Redacción |
-
Un millón de euros e 100 traballadores para potenciar o Camiño Portugués en 12 concellos pontevedreses
Por Redacción |
-
O Camiño Portugués espera bater o seu récord de peregrinos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra será "epicentro" dun Camiño Portugués que busca igualar o francés no próximo Ano Xacobeo
Por Alejandro Espiño |