Preto de 100 operarios comezan este luns a acondicionar o Camiño Portugués
Por Redacción
Preto de 100 operarios comezarán o luns 1 de setembro a traballar nas tarefas de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués a Santiago. Os traballos comezarán entre Tui e Pontecesures, segundo anunciou o presidente da Deputación.
Durante a mañá deste venres 29, os operarios recibiron o equipamento necesario para desenvolver estes traballos que teñen como obxectivo deixar, durante os próximos seis meses, en perfectas condicións de limpeza o percorrido do camiño pola provincia.
Este proxecto implica a Deputación, doce concellos da ruta e a Xunta de Galicia para que poidan lograr a consolidación definitiva desta ruta. Neste sentido, Rafael Louzán manifestou que se respectará a ruta orixinal co propósito de consolidala.
Ademais dos labores de limpeza tamén se van desenvolver traballos máis complexos para mellorar a seguridade nos cruzamentos e nos puntos máis conflitivos, ademais da construción de pontes e de materiais de sinalización. A Deputación licitará estes traballos que se desenvolverán nos concellos de Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures.
Relacionadas:
-
As obras de mellora do Camiño Portugués no municipio de Pontevedra, case a punto
Por Redacción |
-
Hospitaleiros do Camiño Portugués a Santiago comparten experiencias
Por Redacción |
-
Un millón de euros e 100 traballadores para potenciar o Camiño Portugués en 12 concellos pontevedreses
Por Redacción |
-
O Camiño Portugués espera bater o seu récord de peregrinos
Por Oskar Viéitez |