Hospitaleiros do Camiño Portugués a Santiago comparten experiencias
Por Redacción
Oitenta hospitaleros participaron este sábado 13 de setembro no Hotel Galicia Palace do encontro entre Pontevedra e a cidade portuguesa de Barcelos sobre o Camiño Portugués a Santiago.
Baixo o lema 'Barcelos e Pontevedra, cidades irmáns tamén no Camiño Portugués de Santiago', hospitaleros procedentes de albergues de Santiago, Mesa de Pedra de Pontecesures, Vilanova de Arousa, Ponte de Lima, Barcelos, Porto, Guimaraes, Braga, Esposende e Pontevedra participaron durante sesións de mañá e tarde dos relatorios para coñecer detalles sobre o camiño cristián.
Os relatorios correron a cargo do profesor Carro Outeiro que analizou a hospitalidade no Camiño destacando algúns exemplos señeros e tamén polo director xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, que expuxo detalles sobre o plan director do Camiño de Santiago.
Ao acto de inaguruación asistiron a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez e a vereadora de turismo e cultura da Cámara de Barcelos, Elisa Braga, ademais das concelleiras de Promoción Económica e de Cultura do Concello de Pontevedra, Carlota Román e Anxos Riveiro.
A segunda parte deste encontro desenvolverase en Barcelos proximamente.