Aproban un plan para reordenar e mellorar a sinalización dos aparcamentos para discapacitados
Por Alejandro Espiño
En Pontevedra existen actualmente unhas 140 prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida. Moitas elas están mal sinalizadas ou carecen do espazo suficiente para as necesidades deste colectivo. E non todas as zonas con maior presión comercial contan con elas. Por iso, o Concello de Pontevedra aprobou un plan para reordenar e mellorar a sinalización dos aparcadoiros.
Segundo informou Luis Bará, o goberno municipal realizou nas últimas semanas un estudo das prazas existentes na actualidade. Este informe, feito en colaboración coa asociación Amizade, destapou unha serie de deficiencias nestes espazos de aparcadoiro reservado, relacionadas especialmente coa súa mala sinalización ou a estreiteza dalgunhas delas, que dificulta o movemento das persoas con discapacidade.
Actuarase inicialmente en 90 delas, as máis próximas ao centro urbano e posteriormente revisarase o estado do resto. En concreto, melloraranse todas estas prazas, habilitaranse ramplas que lles axuden a incorporarse ás beirarrúas, crearase un maior espazo de manobra para as cadeiras de rodas e unificarase a sinalización horizontal e vertical en toda a cidade, facéndoa máis visible para os condutores.
Ademais, dentro deste plan inclúese a creación de novas prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida. Luis Bará avanzou que, entre outras, se habilitarán espazos en Campolongo, a avenida Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Benito Corbal e Sagasta.
O Concello de Pontevedra investirá 60.000 euros nesta actuación, que executará a empresa API. Os traballos comezarán esta mesma semana e prevese que finalicen antes de que comecen as Festas do Verán, a principios de xullo.
Relacionadas:
-
Pontevedra contará con doce novas zonas de aparcadoiro exclusivo para motocicletas e ciclomotores
Por Alejandro Espiño |
-
Pintado e sinalización de prazas de estacionamento reservadas en toda a cidade
Por Redacción |
-
Practicar deporte non ten límites
Por Redacción |
-
Ao goberno municipal "pouco ou nada lle importa" a accesibilidade, segundo o Partido Popular
Por Alejandro Espiño |
-
Denunciada por estacionar repetidamente usando a tarxeta para persoas con mobilidade reducida do seu fillo
Por Redacción |
-
Multan unha parella pontevedresa por aparcar utilizando dúas tarxetas de discapacitados falsificadas
Por Oskar Viéitez |