Oficios medievais da Feira Franca retornan en tempos dixitais
Por Redacción & Cristina Saiz
Preto de oitenta artesáns participan no mercado medieval que, como cada Feira Franca, enche de actividade a avenida de Santa María. É unha das citas fundamentais que contribúen a que o ambiente que se respira en Pontevedra sexa o que había no século XV.
Na programación da Feira Franca tamén repetiu a mostra dos oficios tradicionais que había na cidade seis séculos atrás e que atraeu o interese dos maiores e dos máis pequenos.
Así, repartidos pola Praza da Ferrería, a Praza da Pedreira e a Praza do Peirao, traballaron canteiros, herreiros, palilleiras, cesteiras, redeiras ou carpinteiros, que despregaron todo o seu talento nas exhibicións que houbo durante todo o día.
Acorde coa temática deste ano, os xograres, a Feira Franca reservou un espazo central para toda a ambientación musical da festa.
Así, por toda a cidade espalláronse actuacións de cantares de cegos e cantigas, musica e bailes medievais, pasacalles ou numerosos espectáculos de animación.
Pola contra, este ano non houbo a tradicional exhibición de cetrería. Tal e como determinou a Xunta de Galicia, o aviso de gripe aviaria impediu que puideran voar os falcóns que amenizaban a festa en Montero Ríos.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Así animaron o día os pasacalles e grupos folclóricos
Por Cristina Saiz |
-
E Pontevedra volveu tomar a rúa na Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Comida e sol maridan no centro histórico nesta Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Hai Feira Franca "ata que o corpo aguante"
Por Almu Dapena |
-
Nunca choveu que non escampara... para celebrar a Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Feira Franca contará cun dispositivo especial de seguridade e emerxencias
Por Redacción |
-
"Ningunha Feira Franca foi cancelada pola choiva"
Por Alejandro Espiño |
-
Programa da Feira Franca de Pontevedra 2024
Por Oskar Viéitez |