Os nenos de Xeve e Bora escriben aos Reis Magos: "El regalo más bonito de todos los regalos es que no hagan la A-57"
Por Natalia Puga
Nenos e nenas de familias das parroquias pontevedresas de Xeve e Bora afectadas pola construción do segundo tramo da autovía A-57 envían ao ministro de Transportes, Óscar Puentes, a carta que este ano escribiron aos Reis Magos coas súas peticións. Todas viran ao redor da paralización deste proxecto.
Os nenos e nenas escribiron unha carta e tamén teñen un vídeo que está a difundir a través das redes sociais coa intención de facer chegar a súa mensaxe a Óscar Puente.
"Señor ministro de Transporte, señor Óscar Puente. Soy una niña de la parroquia de Xeve", empeza a iniciativa destes nenos. A partir de aí, trasládenlle o desexo dos nenos das parroquias de Xeve e Bora para as súas Maxestades: "Pedímoslles que pare a autovía A-57".
Os máis pequenos de entre os afectados polo segundo tramo da autovía van relatando como lle afecta a obra á súa vida actual e conclúen que "el regalo más bonito de todos los regalos es que no hagan la A-57".
Así, relatan aos Reis Magos que con esta obra "van a excluir casas y van a hacer daño a la humanidad y eso no puede ser" y pídenlles que "usen los 100 millones de euros para construir casas para niños que no tienen".
Pídenlles tamén "que no destruyan nuestras casas ni las de los demás", aseguran que "no nos hace falta una autovía a los vecinos de Xeve y Bora, no nos gusta correr" e alertan de que, con esta obra, "nos van a estropear el río y también se van a morir muchos peces y animales, la autovía va a ser el peor estropicio del mundo".
"Quiero jugar con mis gatitos y también con mis ovejas", pide un neno chorando. Outro engade: "no pedimos juguetes, solo pedimos poder vivir en nuestras aldeas y poder seguir jugando sin el ruido de los camiones"
Relacionadas:
-
Un centenar de persoas pasean polo monte para difundir o patrimonio natural que "arrasará" a autovía A-57
Por Oskar Viéitez |
-
O subdelegado do Goberno reprocha veladamente a Ana Pastor o seu "ton crítico" coa A-57
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Ministerio anuncia seis meses de cortes de tráfico no enlace de Figueirido
Por Oskar Viéitez |
-
"Non pedimos un cambio de trazado, pedimos que se desbote por completo a autovía A-57"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A plataforma contra a autovía A-57 reúnese co vicepresidente da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Afectados da A-57 e persoal municipal trasladan as protestas a un pleno con referencias á "fruta" de Díaz Ayuso
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bora e Xeve, contra a A-57: "Non somos dous afectados, somos moitos"
Por Alejandro Espiño |
-
Afectados pola A-57 en Bora e Xeve alertan da "destrución de boa parte do rural de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Reunión de veciños de Bora e Xeve con Rafa Domínguez ante a "preocupación" pola construción do segundo tramo da A-57
Por Redacción |
-
O Goberno 'desbloquea' a A-57 e emite o informe ambiental do tramo entre Marcón e Xeve
Por Alejandro Espiño |