Os virus respiratorios tensionan as Urxencias de Montecelo
Por Oskar Viéitez
Os virus respiratorios están tensionando a sanidade pública pontevedresa ata o punto de saturar as Urxencias do Hospital Montecelo ou as pediátricas do Hospital Provincial e tamén a extrahospitalarias e os propios centros de saúde, onde se acumulan as consultas con estas patoloxías.
A gripe A é a que máis ingresos está a xerar de pacientes superando ao Covid, ao visus sincitial e á pneumonía.
Só o pasado luns contabilizáronse 254 entradas en Urxencias de Montecelo o que obrigou a poñer en marcha un plan de continxencia reforzando o persoal e abrindo a unidade polivalente e un á de Medicina Interna M-3 no Provincial dotada de 19 camas para poder ter illados a algúns pacientes con infeccións respiratorias.
Ademais da ampliación dos espazos para a atención destas persoas enfermas deriváronse ao Hospital do Salnés e ao Quirónsalud.
Unha vez máis as persoas maiores son as máis afectadas.
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, apuntou que o pico da gripe espérase para finais do mes de xaneiro ou principios de febreiro.
Mentres tanto a Consellería de Sanidade segue coa campaña de vacinación contra a gripe e o COVID nos hospitais e centros de saúde.
Relacionadas:
-
A Xunta amplía a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Desde Montecelo alertan de que se están sobrecargando as Urxencias por pacientes que acoden con enfermidades banais
Por Anxo Lourido |
-
Repunta de gripe A: "fixemos unha previsión de test de antíxenos para dúas semanas e duráronnos cinco días"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Fundamed concede o selo de calidade ao servizo de Farmacia do complexo hospitalario
Por Redacción |
-
Preparan os menús de Nadal nos hospitais da área sanitaria
Por Redacción |
-
Os servizos de Atención Primaria de Marín, Vilagarcía, Caldas e O Grove engádense aos plans de saúde locais
Por Redacción |
-
A veciñanza de Soutomaior sae á rúa para esixir máis persoal médico e que se garanta a atención pediátrica no concello
Por Redacción |
-
Ana Pastor e Irene Garrido denuncian a privatización da sanidade penitenciaria
Por Oskar Viéitez |
-
Ignacio Lojo, cirurxián vascular en Quirónsalud, entre os 50 médicos máis valorados da sanidade privada segundo Top Doctors
Por Noticia patrocinada |