Finalizan as obras do novo centro multiusos de Cerdedo
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros do equipo de goberno, inspeccionaron este venres o remate das obras do centro multiusos de Cerdedo.
Para esta nova infraestrutura sociocultural o investimento superou os 70.000 euros grazas a unha subvención da Consellería de Presidencia da Xunta, que aportou o 70% do investimento e o 30% restante o propio Concello.
O novo local será posto a disposición de veciños e colectivos socioculturais do municipio, ten unha superficie útil de máis de 200 metros, totalmente diáfana e sen columnas que poidan dificultar o seu uso para albergar unha obra de teatro ou unha proxección cinematográfica.
Os traballos consistiron na colocación de paneis acústicos, de electricidade, fontanería e carpintería para mellorar os espazos, o aspecto exterior e o pintado das superficies das paredes do edificio. Tamén conta cun almacén funcional para custodia de equipamentos.
"Unha vez rematados estes traballos, a infraestructura será dotada de elementos audiovisuais para que poida ser operativa para calquer evento social ou cultural", explicou Cubela.
Con este centro, darán "maior servizo e maiores posibilidades aos nosos veciños que ven como deste xeito dispoñen das infraestruturas axeitadas para que se lle dea uso e contribúa a acoller actividades de dinamización sociocultural das que sexa protagonista a propia veciñanza", concluíu o alcalde.
Relacionadas:
-
Corrixen as filtracións e humidades no centro cultural de Cerdedo
Por Redacción |
-
Cerdedo xa ten novo local social
Por Almu Dapena |
-
As obras do novo local multiusos de Cerdedo xa están en marcha
Por Redacción |
-
Proxectan un novo local social multiusos no andar superior do almacén municipal de Cerdedo
Por Redacción |