Tribuna Viva
Os Ficus de Joaquín Costa e o cansazo veciñal
A vencindade da rúa Joaquín Costa, dos edificios dende o inmóbel de Telefónica ata o final do parque "Daría Gonzalez" queren manifestar o seu malestar pola situación na que se atopan as árbores ornamentáis situadas na marxe dereita, seguindo a dirección do tráfico rodado.
Estas árbores acadaron na actualidade unha envergadura desproporcionada co seu cometido medioambiental.
Estas especies do xénero Ficus están causando practicamente a invasión exterior dos pisos primeiros e segundos dos edificios citados que dan á rúa Joaquín Costa. Producen unha sombra constante, que obriga a ter que acender as luces durante o día das estancias dos pisos ensombrecidos. A pesar da súa condición de árbores de folla perenne, nos seus periodos outonais deixan un montón de follas dunha textura e tamaño bastante incómodo para os peóns. Situación que se repite en outras épocas por tempestades. Os recentes temporais arrincaron pólas e ramas de diversa envergadura que por sorte non tiveron consecuencias fatais das que teñamos coñecemento.
O seu crecemento desmedido levanta os adoquíns do firme circundante.
Sinceramente non pensamos que sexan as árbores máis adecuadas para estar no lugar que se puxeron. Non hai máis que consultar as súas consecuencias noutras cidades do Levante e nas Baleares para ataxar un problema antes de que vaia a máis.
Técnicos cualificados ten o Concello de Pontevedra para avaliar esta situación. En calqueira caso esta vecindade, cansada de escribir, rogar no propio Concello, ir e vir ,está a mostrar grandes doses de civilización con esta situación.
Reclamamos, alomenos, unha poda decente, controlada e periódica para ben de todos os pontevedreses.
Veciños da rúa Joaquín Costa