Claudio Quintillán
A protección da praia e complexo dunar da Illa de Tambo
Area da Illa, tal e como se coñece, trátase do areal mais importante de Tambo, cunha lonxitude de 200 metros, ten como característica principal, ademáis de aportar un criadeiro de moluscos bivalvos moi apreciado polo marisquéo, a de ter un tipo de aréa tan fina que xunto a orientación hacia os ventos norde-nordés impulsaron unha duna rampante ladeira arriba, chegando ata os 80 metros sobre o nivel do mar, sendo un elemento didáctico e ambiental de primeira orde.
As intervencións humanas na etapa do Ministerio de Defensa ca construcción de varios edificios e muros de contención, xunto as repoboacións con piñeiro primeiro e logo con eucalipto, supuxeron unha alteración da dinámica dunar perdendo a mesma parte da súa capacidade.
Na Area da Illa, temos a oportunidade de observar varias especies botánicas propias dos complexos dunares. Persoal especialista en bioloxía e botánica fixo un estudo encargado polo Concello de Poio destacando varias especies protexidas, entre elas unha planta, a Honkenya peploides, que curiosamente está asociada a unha ave, a píllara das dunas (Chorlitejo patinegro) para facer os niños, especies as dúas en alto risco de extinción, o que lle dá a ese areal un plus especial para súa protección e valorización ambiental.
Ca chegada do bo tempo, observamos unha presenza constante de persoas que se achegan en barco a Tambo directamente a Area da Illa, con embarcacións enriba o areal provocando un forte pisotéo e compactación, donde as especies indicadas corren o risco de desaparecer.
A Illa de Tambo non pode rematar como o resto de areais donde desapareceron dunas, vexetación e fauna solo para poder tomar o sol. En todo caso no futuro podería habilitarse algún espazo para facélo compatible.
O Concello de Poio debe de actuar de forma rigurosa en canto a protexer o patrimonio cultural e os valores medioambientáis como o complexo dunar da Area da Illa, mantendo un control sobre os accesos.
As visitas a Illa de Tambo, de momento, ata consolidar o proxecto, deberían ser en grupo e guiadas, e non permitir o acceso individual e libre por existir varios riscos: accidentes por caídas pola cantidade de cavidades existentes fora do roteiro actual, desplomes das estructuras dos edificios, caídas de ramas e de árbores, eliminación de especies dunares, e actividades contra o patrimonio.
A Illa de Tambo debe de ser un exemplo de xestión sustentable, e sabemos que o Concello de Poio está traballando nesa liña, temos que valorizar o noso patrimonio e atender a unha demanda de turismo cultural e de lecer desestacionalizado, que non quere solo sol, ese é o futuro.
Irmandade solicitara a intervención ou colaboración da Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia no estudo, seguimento e protección das epecies de flora e fauna e o control e eliminación de especies invasoras.
Claudio Quintillán, Irmandade Illa de Tambo