Claudio Quintillán
In Memoriam: Llorenç Soler
O pasado dia 8 de Novembro falecía en Barcelona Llorenç Soler. Esa nova pode non aportar nada de interese a maioría dos lectores e lectoras, pero non así a quenes tiveron a ocasión de contar con él, como a Coordinadora de Montes de Pontevedra nos anos 1977 e 1978, cando desenvolvian unha grande actividade a prol da devolución dos montes veciñais en man común e nos conflictos na construción da autoestrada Pontevedra-Vigo.
Llorenç Soler nacera en Valencia o 19 de Agosto de 1936, a partir dos anos 60 adica os seus esforzos o cine independente de problemática social e das minorías marxinadas. Traballa en cine e televisión como director, realizador, fotógrafo ou guionista contando con numerosas obras. No 1975 acode a Pontevedra acompañando a súa compañeira a fotoxornalista Anna Turbau para realizar unha serie de traballos sobre as vivendas do Bao da colectividade xitana, deseñadas polo Arquitecto Cesar Portela, quedandose nésta terra para reflectir a realidade política, económica e social da Galiza. Nos anos 1977 e 1978 está interesado polos conflictos derivados das obras de construcción da autoestrada Pontevedra-Vigo e da man da Coordinadora de Montes de Pontevedra dirixe o documental-curtametraxe "Autoestrada: Unha navallada a Nosa Terra" (1977), e tamén polos intentos de usurpación dos montes veciñais en man común por parte de intereses particulares e empresariales con outra obra do mesmo formato "O Monte e Noso" (1978), ambalasdúas producidas pola Coordinadora de referencia, realizando en ambos casos un traballo de referencia que aínda hoxendía e referente, ca participación directa dos afectados e afectadas con escenas en vivo dos actos de protesta e moitas entrevistas.
Eses documentales son unha base importante para entender a conflictividade na defensa da terra nesa etapa, e que marcaron o inicio de procesos como a devolución dos montes veciñáis a partir dos anos 80.
O 21 Xaneiro de 2023 esas obras terán recoñecemento no acto anual da celebración do Dia de Loita da Veciñanza Comuneira que se celebra en Mazaricos (A Coruña). Saúde e Terra.
Claudio Quintillán Vallejo.
Instituto Galego das Terras Comunitarias