"Os demócratas somos máis, somos moitos máis. Os demócratas somos moitos máis non só na Comunidade Autónoma de Madrid, senon que somos moitos máis en todo o país. E son os demócratas os que van a decidir non só o que pase nestas eleccións autonómicas , senon o que pasen nas seguintes e nas seguintes porque de isto vai todo: vai de gasto público, de sanidade, pero sobretodo vai de DEMOCRACIA. E a democracia custou moito conquerila"
Así concluía Ángels Barceló o mediático debate das presidenciais madrileñas celebrado na Cadena Ser. Un debate que, pese á vontade das persoas intervintes de contrastar ideas ( quen non as quixo contrastar porque non as ten xa nin se molestou en asistir á cita), se enfangou dende o inicio. Unha condena. Unha condena firme a unha ameaza de morte dirixida a tres persoas públicas Marlaska, Iglesias e Gámez. Unha condena que reunía o consenso de todo o arco político menos da ultradereita que tivo a ben dicir en alusión a isto "que a este gobierno ya no se lo cree nadie".
De verdade non existe consenso arredor disto? De verdade a ultradereita bota tanto en falta o fascismo? A resposta é clara e evidénciase nun claro alarde de presentarse ás eleccións co obxetivo de reducir a política a un común denominador que podemos chamar en linguaxe "pandémica" mando único pero que en linguaxe histórica nos relembra máis ao poder centrado no caudilllo.
As súas receitas son: para mellorar a economía menos política, para mellorar a sanidade menos política, para mellorar a educación menos política e así un longo etcétera. Presentarse a unhas eleccións sen coñecer o verdadeiro valor da política é coma presentarse a un concurso de cociña sen saber fritir un ovo ou presentarse a un de canto sen saber cantar. Pode que a primeira proba a pases pero as carencias de base farante tropezar.
VOX despois de sobrepasar, coa permisividade manifesta do poder mediático, todas as barreiras posibles, voltou tropezar no debate. Mais neste caso non se atopou fronte a un xornalista permisiva coa antidemocracia. Atopouse con Ángels Barcelò, demócrata de pro, que con firmeza, con educación e como clara activista pola democracia puxo fin a un debate que Madrid non merece. Que España non merece.
Seguramente a democracia non se atope tan ao límite como para estar en perigo, mais os valores que transmitimos aos nosos fillos e as xeracións vindeiras non deben tomar exemplo no enfangado debate do instulto, da antidemocracia e do ataque persoal. Os valores da democracia deben estar na confrontación das ideas, no debate das ideas. Na política do ben común.
Hoxe no debate perdeuse a oportunidade de facer política. Perdeu a política pero afortunadamente gañaron os demócratas e sobretodo gañou Ángels por ser valente e parar un debate que non só non estaba aportando senon que, co ruído da ultradereita, se estaba restando á democracia. Necesitamos que todas as Ángels do país se unan á loita porque os demócratas somos máis, somos moitos máis !