Pontevedra Viva!

Galerías

  • Operación Patos: Unha xornada de rexistros

    Operación Patos: Unha xornada de rexistros

    O desenvolvemento da Operación Patos alcanzou de cheo á cidade de Pontevedra. Os axentes do Corpo Nacional de Policía, pertencente á Unidade contra a Delicuencia financeira e fiscal, da brigada da UDEF, desenvolveron unha intensa xornada con rexistros na Deputación, o Concello e a sede da empresa Eiriña. Así foi a xornada en imaxes

    Esta galería aparece en:

  • Ciclo 'Imperdibles': Concerto de Fanfarlo no Pazo da Cultura

    Ciclo 'Imperdibles': Concerto de Fanfarlo no Pazo da Cultura

    O bo, se breve, dúas veces bo, di o refrán. Fanfarlo fixo honor a este dito tan español no seu concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha actuación breve (unha hora e quince minutos), pero intensa que deixou aos seus seguidores pontevedreses con ganas de máis. E é que banda británica liderada por Simon Balthazar demostrou unha vez máis o moito que creceu nestes últimos anos, ofrecendo un directo impecable e tremendamente efectivo

    Esta galería aparece en:

  • II edición da feira de vodas 'Sí, quero' de Pontevedra

    II edición da feira de vodas 'Sí, quero' de Pontevedra

    Se estás a piques de dar o tradicional 'si, quero', o Recinto Feiral reúne esta fin de semana todo o que necesitas para que a celebración da túa voda sexa inesquecible. Medio centenar de expositores participan na II edición de Si, Quero, o Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións de Pontevedra, un evento que concentra as últimas tendencias para datas sinaladas como vodas, bautizos ou comuñóns

    Esta galería aparece en:

  • Inauguración da exposición "Galicia Terra de Músicos: A recuperación do noso patrimonio"

    Inauguración da exposición "Galicia Terra de Músicos: A recuperación do noso patrimonio"

    Achegar ao visitante á memoria musical dos séculos XIX e XX en Galicia. ÿ o obxectivo da exposición Galicia Terra de Músicos: A recuperación do noso patrimonio, inaugurada este venres no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. A mostra, que permanecerá aberta ata o 16 de marzo, recolle unha selección de fotografías, partituras e instrumentos que sensibilizan ao visitante sobre a relevancia do patrimonio musical das catro provincias

    Esta galería aparece en: