Numerosa manifestación pola sanidade baixo a borrasca
Por Redacción
Ao redor de cinco mil cidadáns fixeron fronte ao mal tempo e con chuvasqueiros e paraugas enfrontáronse á chuvia percorrendo as rúas de Pontevedra para reivindicar a defensa da sanidade pública nun momento de especial sensibilidade para a poboación pontevedresa ante a decisión da Xunta de Galicia de reorganizar os servizos e destinar pacientes da área sanitaria norte ao Hospital de Santiago, en lugar de ao de Vigo como viña sucedendo.
A marcha convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra e Arousa estaba encabezada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o tenente de Alcalde, Antón Louro, que portaban xunto a representantes do colectivo convocante e das Federacións Castelao e Boa Vila a pancarta na que se lía "A Sanidade Pública non se vende. Deféndese".
A manifestación desenvolvíase 24 horas despois da organizada en Vigo e iniciouse na praza da Ferrería, xusto no momento en que caía unha forte tromba de auga. A Praza da Ferrería tardou máis de 15 minutos en baleirarse de manifestantes e o percorrido desviouse por Cobián Roffignac porque cando a cabeceira chegaba, de novo, ata Daniel de la Sota aínda outros manifestantes se encontraban na zona da Praza de Ourense. Apenas a metade dos manifestantes chegaron ata a Praza de España, onde a escritora Fina Casalderrey leu o comunicado da Plataforma reivindicando a proximidade dos servizos sanitarios aos cidadáns: "ÿ obvio que o noso Hospital de Referencia debe ser o que estea más preto da casa. Estamos aquí pola cobiza dun Sistema Sanitario ao que todos os cidadáns e cidadás teñan acceso, que coide ao paciente, e coide ao persoal sanitario, para preservar unha atención de calidade".
O voceiro da Plataforma, Manuel Martín, indicou que "esta manifestación tiene como objetivo mostrar al presidente de la Xunta de Galicia que no estamos de acuerdo con el desmantelamiento de lo servicios de referencia de Pontevedra. Va a generar el traslado a Santiago supondrá el doble de gasto y de recorrido y sufrir en áreas al acceso de recursos sanitarios tan importantes como cardiología. Supone la descapitalización porque perderemos servicios que nos corresponden por población". E apuntou que están dispostos a opoñerse a que se adopten estas medidas por parte da Consellería de Sanidade. Neste sentido, Martín sinalou que "la privatización está adquiriendo velocidad de crucero. Es necesario frenar este proceso. Vamos a adoptar medidas de alianza y medidas de tipo legal porque se están vulnerando el derecho a la asistencia sanitaria y derechos a la salud reconocidos por la Constitución y la Lei de Sanidade. Igual que en Madrid la presión social y profesional consiguió frenar el proceso. Estamos en contacto con los grupos parlamentarios para realizar una querella conjunta o por cada grupo. Estamos estudiándolo con los asesores".
Relacionadas:
-
Moreira busca un acordo para construír o Hospital de Monte Carrasco ante o "fracaso" da manifestación pola sanidade
Por Redacción |
-
Carmen Piñeiro, vítima da reorganización sanitaria: "¿Quién nos paga los gastos que supone ir a Santiago?"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os alcaldes apelan á "presión popular" para frear a reforma sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
As forzas vivas de Pontevedra xúntanse para debater sobre a situación da área sanitaria
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública convoca para o 14 de febreiro unha manifestación contra a reordenación sanitaria
Por Redacción |