Guèye, con ficha no segundo equipo polo menos ata xaneiro: "Vai ser un xogador máis do filial"
Por Diego Espiño
Con Libasse Guèye de volta en Pontevedra e adestrando co filial granate, xorden as preguntas sobre cal será a súa situación os próximos meses no equipo pontevedrés, co que ten contrato ata final de tempada.
Neste sentido, a pesar de reincorprarlo aos adestramentos, o club decidiu non comunicar nada oficialmente sobre o caso, tal e como fixo desde a súa primeira 'espantada' no pasado nadal, e deixou a responsabilidade de dar explicacións aos adestradores do filial, Jesús Ramos, e do primeiro equipo, Yago Iglesias, este venres na rolda de prensa previa á xornada de liga.
"Comezou a adestrar esta semana e vino en bo estado, é un xogador máis dentro do plantel, vai ser un xogador máis do filial", asegurou o técnico do segundo equipo.
"É un xogador rápido, con habilidades e que se está centrado e ben pode ser importante para o equipo", sinalou Ramos en relación á súa participación en Terceira RFEF.
Polo menos ata o mes de xaneiro a súa ficha vai pertencer ao filial "pola súa chegada tardía e tamén porque en termos federativos non podería estar en en o primeiro equipo", explicou pola súa banda Yago Iglesias. Isto débese a que a inscrición de futbolistas en Terceira RFEF permanece aberta desde verán e ata o mes de xaneiro, mentres que en Segunda RFEF a xanela pechou a finais de agosto e non se abrirá ata comezos de 2024.
Iso non significa que Yago Iglesias non poida tirar del, e de feito "nin se descarta nin se di que vaia a estar no primeiro equipo", limitouse a comentar Iglesias sen aclarar por completo se tirará del no futuro, aínda que por agora o seu presente pasa por demostrar o seu nivel e compromiso ás ordes de Jesús Ramos.
Relacionadas:
-
Libasse Guèye entra en dinámica do primeiro equipo
Por Diego Espiño |
-
Goleada da Sarriana ao Pontevedra B (5-0)
Por Redacción |
-
Jesús Ramos lembra que o ano pasado "viñamos dunha serie de cinco empates e unha derrota e ao final conseguiuse o ascenso"
Por Almu Dapena |
-
Libasse Guèye, titular na derrota do Pontevedra B ante o Betanzos (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra buscará en Luanco "ser unha mellor versión que as xornadas anteriores"
Por Almu Dapena |
-
Un once inicial que xa se recita de memoria
Por Diego Espiño |
-
Ocasións perdidas e empate sen goles entre Pontevedra e Rayo Cantabria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Guèye goza de minutos no empate do Pontevedra B ante o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
Pasarón renderá homenaxe "a todos os falecidos da familia granate"
Por Redacción |
-
O Rayo Cantabria "é un filial que é o menos filial de todos"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en Pontevedra seis meses despois adestrando co filial
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en redes sociais cun dardo ao Pontevedra: "Non me dan a oportunidade de volver"
Por Diego Espiño |
-
Guèye e o Pontevedra, un culebrón sen fin
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye queda en Pasarón
Por Manu Otero |
-
Libasse Guèye xa é un máis nos adestramentos do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Guèye, arrepentido, pide perdón e volver formar parte do equipo
Por Manu Otero |